Eran
as nove e media da tarde do primeiro venres de xullo do 2001 cando un grupo de
mozos dun vinte e poucos anos tomaban ao asalto unha das extintas casetas de
madeira das duas que, ata non hai moito, resistían no paseo marítimo aos
invasores de pedra e cemento. Pode que os que agora teñades vinte e poucos case
non vos lembredes do paseo marítimo de hai doce anos. Daquela, toda a zona dos
pedregais carecía da estirada petulancia actual. Eran arbores, leiras, herbas e
viñas o que rodeaba a aqueles chavales que, sen tomar aínda un grolo de nada,
xa estaban a cantar, a bailar e a bater na mesa coma se fosen as duas da maña,
tal era a posesión que o primeiro día das festas producía nos seus corpos. Daba
igual que o tempo non acompañase. Se o vento ou a choiva non axudaban,
forrábase a caseta cun plastico ou aguantabase estoicamente a base de auga de
lume. Lembro esa momento con total claridade, pois foi desas noites en que ser
novo e ter amigos é abondo. Lembrarei sempre con agarimo eterno como Manuel
bailaba enriba dunha mesa aínda baleira mentres os demais dábamos palmas entre
gargalladas. Aínda podo sentir como a guitarra rompeu a noite co seu primeiro
acorde perseguida por unha coral, máis entregada que afinada, antes de que o
whysky barato rompese a gorxas e os estómagos. Lembro como estabamos bébedos de
ledicia e arelas de festas de Boiro. Despois o extase, a catarse. Eso si,
sempre dentro dun respecto total polo entorno, que considerabamos noso
sinxelamente porque o era. “Os da
guitarra” eramos coñecidos nas filas da policia por non crear problemas
máis aló dos auditivos.
Para nós as festas eran un
ritual. Son algo persoal. Tan persoal
que o ano que decidiron suspender os fogos do último día instauramos a
tradición de recaudar un pequeno bote entre todos e co que xuntabamos facíamos
a nosa propia sesión de pirotécnia cutre, e sabíanos coma os fogos do apóstolo
pois éramos os técnicos e os beneficiarios ó mesmo tempo.
Por todo isto e por moito máis no
que non é preciso entrar, vádesme a permitir que fale en plural, sabendo de
antemán que maiormente este artigo de opinión será ignorado convintemente. Vou
a falar por bastantes cidadáns deste pobo, de distintas ideoloxias, sen rodeos
e con vehemencia.
Nunca comprenderemos o escaso e peculiar espíritu festivo desta vila. Case todos os nosos veciños teñen unhas festas
envexables e ben repartidas, nós, pola contra, temos seis días xuntos e case
imposibles de desfrutar a excepción do sobresaturado sábado. Sempre nos pareceu
case unha ofensa que o xoves despois das festas non sexa festivo local.
Persoalmente paréceme incomprensible e arbitrario, por moi tradicional que
sexa, que santa Lucía siga sendo festivo, cando para unha grandísima parte do
pobo carece de sentido algún. Hai tradicións das que se pode prescindir, non é
preciso que dea exemplos, e coido que os católicos xa teñen celebracións
abondo.
Outra cousa que está clara é que
ten que haber festas para todos. Se non me engano (e se o fago non vai a ser
por moito) somos as festas que máis cartos gasta en orquestras en comparación
con outras actividades. A dous por día, como mínimo, e sen sesión vermú.
Despois algunhas delas teñen que estár
ata as catro da mañá tocando para unha praza fantasma, habitada so por un par
de corpos sen alma e tres vampiros. Falo con coñecemento de causa, pois eu
tamén intentei estar un ano na comisión, desistindo ante a imposibilidade real,
mais aló da figuración, de cambiar nada. Non creemos que sexa abondo con iso de
dar unha limosniña con dous días de Mostra das Culturas, o único orixinal e propiamente
noso que temos, cada vez máis ninguneada co presuposto, cando, co que vale unha
orquestra das medianas podíase facer algo realmente interesante e que
repercutise beneficiosamente na hosteleria. Dende Macaco ou Banda Bassotti,
éxitos de público (chorradas políticas tipo Esperanza Aguirre aparte) non písou
esta vila ningún grupo de xeito. Pero por un ano que non se trouxeron
orquestras de primeiro nivel houbo que traer ó ano seguinte á Paris e a
Panorama (como molan tio!!)
De verdade, é bastante triste para os que nos
gusta a musica en directo máis aló de “tengo
el alma en pedasos”, “os peitos da
cabritiña” ou “el gallo sube”. Respeto
ós grandes músicos que hai nalgunhas orquestras, pero incluso algúns deles
sufren cando tocan (os que tocan en directo) tanta horterada e atrocidade xunta.
Iso si, algo bo se fixo estes
últimos anos: o día das peñas. Aínda que é o luns e non sexa algo típicamente
noso, polo menos dalle un aire distinto ás festas facendo participar á xente
nalgo máis que beber. Punto para a xente do Bocacho por insistir!
Creo que compre, dado o nivel
económico actual, adaptarse e empregar a imaxinación un pouco máis para que as
nosas festas non rematen sendo algo tan rancio que so se poda atraer á xente a
nosa vila tirando de talonario. Non sei se Amancio Ortega quererá ser
presidente da comisión...
Olvídaste de que o PP volta a gobernar en Boiro.Isto significa que si podía existir algún pequeno resquicio de que algún partido político escoitase as túas palabras (cousa difícil ao meu parecer...goberne quen goberne,xa que outrora ninguén o fixo tampouco)hoxe en dia nos imos ter que foder,tolear coa cabritiña,si eu chi pego e mil merdas máis,ver como destrozan a Mostra das Culturas se cadra para encender a fonte da Cachada para os guiris,ou probablemente (e cruzo os dedos de que non) a abolición das peñas.
ResponderEliminarBoiro goberna sen ideas,e o patrón que aprenderon e que a mentalidade retrógrada cultivou dende que eramos pequechos difícilmente o poderemos cambiar.Inda menos mal que algúns locais de Boiro impulsan un pouco os nosos gustos musicais,e polo menos nos dan unha opción alternativa de poder disfrutar das festas como aprendemos dende rapaces,e mantivemos sempre a carón do lume coas guitarras e que soamente os que estivemos ali podemos lembrar como lembraremos sempre.
Ou yeah! A min dame igual que non me fagan caso, nunca mo fixeron, pero non por iso penso parar de tocar o carallo. Jrasias Franisco.
ResponderEliminar